ALFEREZ BARREIRO 22, Baiona

Categorias

Cambiar idioma:

Gallego
Noticias
Categoría: Noticia
Puertos de Galicia muestra su preocupación por los actos vandálicos realizados cerca de la nave de redes del puerto de Cangas

O ente público está a colocar nos portos cámaras de video vixiancia para evitar este tipo de altercados que atentan contra a seguridade das persoas e instalacións. Os gardapeiraos que a diario traballan nos portos non poden facer fronte a actos de desorden de carácter civil ao seren exclusivamente autoridades de caracter administrativo. Portos de Galicia mostrou a súa preocupación polos actos vandálicos que se producen nas instalacións portuarias de Cangas, en particular na parte anterior da nave de redes, e mostra o seu apoio e comprensión co colectivo das redeiras.

Portos de Galicia está a colocar progresivamente nas instalacións portuarias, cámaras de video vixiancia estratéxicamente situadas para evitar este tipo de altercados que atentan contra a seguridade das persoas e das instalacións. O ente público, ao mesmo tempo, agradece ao concello de Cangas a colaboración demostrada a través de Policia Local.

 

O organismo portuario suliña que os portos, ademais do seu uso específico, son espazos abertos para permitir o uso e disfrute das instalacións portuarias polos cidadáns, o que supón que calquera persoa que premeditadamente poidera causar danos ás instalacións ou estruturas do porto non pode ser retido polos elementos mecánicos de peche ou contróis de acceso peonís.

O ente público sinala ademais que os gardapeiraos que a diario traballan nos portos non poden atender a actos de desorden de carácter civil ao seren exclusivamente autoridades de caracter administrativo. Neste senso, Portos de Galicia conta coa colaboración da Garda Civil e Policia Local

 

 
Creado por: admin el 24-04-2013 a las 09:30
Categoría: Noticia
Comentarios:
Publicar un comentario:

Nombre:

Correo electrónico:



Por favor, escribe el texto de la imagen:
CAPTCHA Image

Calendario

Imagenes

el Tiempo

  Lonja Cofradía
Invierno

4:30 - 19:30 8:00-15:00
Verano

4:30 - 19:30 8:30 a 14:30


* El calendario de verano empieza el 22 de Junio y termina el 21 de Setiembre

 

SUBASTAS 

LonJa de panxón: pescados Y mariscos; 8:00h

LonJa de Baiona:

Ourizo: 8:30-9:00 h

Ameixas: 15:00 h

Percebe: 15:30-16:30 según mareas

Pescado variado: 17:00 h

Robaliza: 17:30 h

Desarrollado por