ALFEREZ BARREIRO 22, Baiona

Categorias

Cambiar idioma:

Gallego
Noticias
Categoría: Noticia
La Consellería do Mar intensifica la lucha contra el furtivismo a través de la incautación de los medios y aparatos a los furtivos

O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar incautouse de 16.820 aparellos dende que comenzou o Plan de Loita contra o Furtivismo en xullo de 2009 e ata o mes de decembro de 2009. Así o especificou hoxe en Santiago en rolda de prensa a conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto. Rosa Quintana analizou a evolución do Plan de Loita contra o Furtivismo e fixo fincapé no obxectivo de recuperar os aparellos empregados polos furtivos como medida de prevención. Neste sentido, a titular de Mar incidiu nos resultados obtidos a raíz da Mesa do Burgo, celebrada a finais de novembro e na que se estableceron novas accións “para reorientar o plan na procura da eficacia dos operativos”.

Dende a posta en marcha do Plan de Loita contra o Furtivismo o pasado mes de xullo e ata decembro de 2009, os gardacostas incautaron preto dun 80% máis de aparellos aos furtivos con respecto ao ano pasado, pasando de 9.358 bens requisados neste período de 2008 a 16.820 en 2009.

A estratexia do plan
A estratexia do Plan de Loita contra o furtivismo cambiou de rumbo trala Mesa do Burgo celebrada a finais de novembro e na que estaban representadas as administracións central, autonómica, provincial e local e as forzas de seguridade do Estado. Esta medida estableceuse despois de realizar unha valoración e de detectar problemas concretos en zonas determinadas, como a do Burgo, de aí “a importancia de centrarse nas incautacións como medida preventiva e de actuar sobre todos os eslabóns da cadea na obtención de resultados e eficacia”, engadiu Rosa Quintana. Así nos meses de decembro de 2009 e xaneiro de 2010 incautáronse 3.264 bens e aparellos e comisáronse 3.088,9 quilos de distintas especies, o que pon de manifesto que a nova estratexia está a dar bos resultados. Estas cifras coinciden coas épocas de maior valor das especies, nos que as incautacións se triplicaron con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Hay que luchar contra el furtivismo con todas nuestras armas

A responsable de Mar explicou as accións desta nova estratexia enmarcada no Plan e destacou “a mellora da coordinación entre os axentes de Gardacostas da Xunta, os gardapescas das confrarías, a Policía Autonómica, a Policía Nacional e a Garda Civil”. Outras das prioridades que explicou a conselleira son as de incidir nos momentos nos que o peixe e o marisco teñen máis valor económico, así como nas especies máis caras no mercado, como o santiaguiño.

Outra das medidas complementarias que Rosa Quintana salientou de cara a mellorar a acción contra o furtivismo foi a mellora da situación das confrarías na disposición de medios de vixilancia e control, a través de axudas. Ademais a titular de Mar informou de que dende decembro a loita contra o furtivismo conta coa disposición plena de 22 axentes da Policía Autonómica para a realización dos operativos contra a acción dos furtivos. A maiores, Rosa Quintana resaltou a colaboración do Instituto Galego de Consumo “que está a realizar inspeccións en toda a cadea de comercialización, como restaurantes, pescaderías e supermercados, entre outros”.

O IGC está a realizar inspeccións en toda a cadea de comercialización

Finalmente a conselleira dixo que “estamos no bo camiño” e así o amosan os resultados obtidos con estes operativos especiais, onde “fixemos fincapé nas incautacións e conseguimos ir á raíz do problema”. Engadiu que as operacións conxuntas da Ría do Burgo e noutras zonas coma a Ría de Arousa e de Ferrol están a dar resultados positivos, pero incidiu na importancia de seguir traballando conxuntamente, “para a proteción do recurso e da saúde do consumidor”. Ademais salientou que este fenómeno “é un problema asociado a outros do tipo social e educativo”, por iso fixo unha chamada á sociedade “para que os consumidores só adquiran o marisco e o peixe a través dos cauces legais” .

Operativos especiais en zonas conflictivas
En relación aos operativos, Rosa Quintana sinalou que se “está a facer especial fincapé nas zonas máis conflictivas, como a Ría do Burgo” e que se realizan con menor frecuencia, pero con máis efectivos participantes na procura dunha maior efectividade”. Neste sentido, cabe destacar que foi nos novos operativos posteriores á Mesa da Ría do Burgo nos que se realizaron case o 80% das incautacións dos últimos nove meses. Ademais neste mesmo período e nesta zona os axentes requisaron máis dun 400% dos bens que en todo o ano 2008, pasando de 63 útiles requisados a 334. Nos operativos desenvolvidos na Ría do Burgo foron identificadas un total de 55 persoas.

Tamén na Ría de Arousa, se realizaron 3 operativos especiais que se saldaron con 46 persoas identificadas. Cabe salientar o realizado o 2 de febreiro, que se saldou cunha persoa detida, coa incautación de 24 útiles, co comiso de 172 quilos de varias especies e co levantamento de 28 actas de infracción.

En total, nos operativos especiais levados a cabo trala reunión da Mesa do Burgo e ata o mesmo día de onte identificáronse un total de 132 persoas.

 
Creado por: admin el 03-03-2010 a las 08:37
Categoría: Noticia
Comentarios:
Publicar un comentario:

Nombre:

Correo electrónico:



Por favor, escribe el texto de la imagen:
CAPTCHA Image

Calendario

Imagenes

el Tiempo

  Lonja Cofradía
Invierno

4:30 - 19:30 8:00-15:00
Verano

4:30 - 19:30 8:30 a 14:30


* El calendario de verano empieza el 22 de Junio y termina el 21 de Setiembre

 

SUBASTAS 

LonJa de panxón: pescados Y mariscos; 8:00h

LonJa de Baiona:

Ourizo: 8:30-9:00 h

Ameixas: 15:00 h

Percebe: 15:30-16:30 según mareas

Pescado variado: 17:00 h

Robaliza: 17:30 h

Desarrollado por