ALFEREZ BARREIRO 22, Baiona

Categorias

Cambiar idioma:

Gallego
Noticias
Categoría: Noticia
Mar demuestra su apuesta por el futuro de la acuicultura con la participación en ACUI 2010

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, amosou o seu “firme e decidido” apoio á Feira Internacional de Acuicultura ACUI 2010, que hoxe abre as súas portas. Durante o acto de inauguración, Rosa Quintana, cualificou o evento “coma unha aula na que ensinar e aprender, na que recoller experiencias doutras zonas do mundo” e o definiu coma unha feira “que vén a plasmar a potencialidade da acuicultura galega, tanto a mariña como a continental”.

Na súa intervención, a titular de Mar incidiu en que o obxectivo da Xunta é continuar impulsando o liderado de Galicia a nivel mundial e europeo a través dunha acuicultura, sostible e respectuosa co medio ambiente. A conselleira fixo fincapé da importancia de “xuntar, baixo o mesmo teito, ás institucións e ao sector, aos encargados de dar impulso económico, aos que potencian a innovación e aos que achegan o saber facer previo”, xa que, segundo dixo, “hai que unirse nunha aposta polo futuro”.

Neste sentido, Quintana destacou “a recuperación do diálogo en plano de igualdade co sector” como o principal paso do seu departamento a prol da acuicultura nestes 10 meses. A conselleira recalcou que o seu equipo quere “estar a carón do sector, escoitalo e informalo, e sobre todo, fuxir da imposición xa que temos unha aposta común, que se basea na necesidade e no desexo de que Galicia volva a ser referente en acuicultura”. “Debemos facer valer a nosa potencialidade, facer uso e sacar proveito da nosa valía e experiencia, e non temer e quedar parados na dura pugna ante a competencia mundial”, aseverou.

Ao respecto, lembrou as iniciativas que o seu departamento está a tomar “a prol de Galicia e do seu dinamismo acuícola no futuro”, como a reformulación do Plan de Acuicultura, os investimentos e fondos recollidos nos orzamentos da Xunta e o recentemente anunciado Plan de Ordenación dos Cultivos Mariños.

 
Creado por: admin el 03-03-2010 a las 08:36
Categoría: Noticia
Comentarios:
Publicar un comentario:

Nombre:

Correo electrónico:



Por favor, escribe el texto de la imagen:
CAPTCHA Image

Calendario

Imagenes

el Tiempo

  Lonja Cofradía
Invierno

4:30 - 19:30 8:00-15:00
Verano

4:30 - 19:30 8:30 a 14:30


* El calendario de verano empieza el 22 de Junio y termina el 21 de Setiembre

 

SUBASTAS 

LonJa de panxón: pescados Y mariscos; 8:00h

LonJa de Baiona:

Ourizo: 8:30-9:00 h

Ameixas: 15:00 h

Percebe: 15:30-16:30 según mareas

Pescado variado: 17:00 h

Robaliza: 17:30 h

Desarrollado por