ALFEREZ BARREIRO 22, Baiona

Categorias

Cambiar idioma:

Gallego
Noticias
Categoría: Noticia
A Consellería do Mar informa aos bateeiros dos pasos dados pola Administración ante o cambio de método de detección dos niveis de biotoxinas

A Consellería do Mar reuniu esta tarde en Vilagarcía a máis de 300 bateeiros que solicitaron a petición propia seren informados sobre a situación real do cambio de método de detección de niveis de biotoxinas mariñas en moluscos proposto pola Unión Europea. A directora do INTECMAR, Covadonga Salgado, espuxo ante os asistentes os pasos dados pola Administración autonómica dende que se tivo en coñecemento a intención da Unión Europea de cambiar este método biolóxico polo método químico.

Covadonga Salgado lembrou que foi o propio sector quen demandou esta reunión logo da xuntanza convocada polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia en xaneiro pasado na que a Xunta non estivo convocada e á que asistiron técnicos da Unión Europea.

A directora do INTECMAR quixo lembrar que Galicia sempre cumpriu coa lexilación vixente e que, de feito, está a usar o método válido na actualidade: o do bioensaio. “Cremos que este método non se debe cambiar porque está demostrado que funciona e que é o suficientemente seguro”, asegurou Salgado. “Así o demostramos a través do informe realizado entre as consellerías de Mar e Sanidade no que puxemos en valor os niveis que existen na actualidade e que garanten plenamente que os límites funcionan, o sistema funciona e o método funciona”. “Se anos de traballo e miles de análises realizadas polo INTECMAR nos avalan, ¿Por qué imos cambiar o método‏”, sentenciou.

Segundo indicou Covadonga Salgado, “a única vantaxe do método químico fronte ao biolóxico é que detecta niveis máis baixos de toxicidade, cuestión que non sabemos para que é necesaria se os niveis que están en vigor son detectados de sobra e con rapidez co sistema que está en vigor”, comentou. Covadonga Salgado espuxo ademais que o método químico non está validado internacionalmente.

A directora do INTECMAR lembrou que o borrador que implicaría un cambio definitivo no método do bioensaio polo químico, está previsto que se aprobe en setembro de 2010, momento no que “non habería máis remedio que cumprir coa lexislación e acatalo”. En todo caso, lembrou que este texto explica que tanto o método do bioensaio coma o químico convivirían durante un período transitorio que se extendería ata xuño de 2013, momento no que o método químico sería o único válido. “Cando se aprobe este este texto, o bioensaio será válido ata 2013 pero o químico será o método de referencia”.

O principal problema reside en que se se cambia o método, nada garantiza que non se vaian cambiar os niveis, o cal redundaría nun peche de polígonos en un pexuizo económico para o sector enorme e que cremos totalmente innecesario. “A Xunta quere ser transparente, temos unha inquedanza e queremos poñer en coñecemento do sector que o perigo está aí”, dixo.

Ordenación dos Cultivos Mariños
Durante a exposición, o director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, dirixiuse tamén ao sector para explicarlle as novidades do Plan de Ordenación dos Cultivos Mariños que está previsto que se aprobe dentro dun ano e que busca o desenvolvemento eficaz e sostible da acuicultura na zona marítima mediante a delimitación e caracterización das zonas aptas para os cultivos mariños e outras actividades complementarias como o reparqueo e a reinstalación. Outro dos obxectivos deste proxecto é a determinación das especies permitidas, compatibles e prohibidas en cada unha das zonas e racionalización das concesións experimentais.

 
Creado por: admin el 03-03-2010 a las 08:36
Categoría: Noticia
Comentarios:
Publicar un comentario:

Nombre:

Correo electrónico:



Por favor, escribe el texto de la imagen:
CAPTCHA Image

Calendario

Imagenes

el Tiempo

  Lonja Cofradía
Invierno

4:30 - 19:30 8:00-15:00
Verano

4:30 - 19:30 8:30 a 14:30


* El calendario de verano empieza el 22 de Junio y termina el 21 de Setiembre

 

SUBASTAS 

LonJa de panxón: pescados Y mariscos; 8:00h

LonJa de Baiona:

Ourizo: 8:30-9:00 h

Ameixas: 15:00 h

Percebe: 15:30-16:30 según mareas

Pescado variado: 17:00 h

Robaliza: 17:30 h

Desarrollado por