ALFEREZ BARREIRO 22, Baiona

Categorias

Cambiar idioma:

Gallego
Noticias
Categoría: Noticia
A Consellería do Mar e os produtores de mexillón reuniranse mañá para abordar temas relacionados coa súa actividade

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, e o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, reuniranse mañá primeiro de marzo en Vilagarcía con asociacións e empresas do sector produtor do mexillón, co Consello Regulador do Mexillón e coas tres federacións provinciais de confrarías e máis coa galega para informalos de temas que afectan directamente á súa actividade. 

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, porá ao día ao sector sobre a situación actual do cambio no método de análise de biotoxinas mariñas e fará un repaso das accións realizadas pola Xunta na defensa dos intereses do sector bateeiro e marisqueiro galego.

Por outra banda, o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro informará aos asistentes sobre o Plan de Ordenación dos Cultivos Mariños, un instrumento de planificación que está en trámite de elaboración e co que a Consellería do Mar busca o desenvolvemento eficaz e sostible da acuicultura na zona marítima mediante a delimitación e caracterización das zonas aptas para os cultivos mariños e outras actividades complementarias como o reparqueo e a reinstalación.

Esta xuntanza forma parte do ciclo de reunións da Consellería do Mar mantidas co sector coa finalidade de cumprir o seu compromiso de transparencia e información sobre asuntos que inciden no desenvolvemento do seu traballo.

 
Creado por: admin el 03-03-2010 a las 08:36
Categoría: Noticia
Noticias relacionadas:
    Comentarios:
    Publicar un comentario:

    Nombre:

    Correo electrónico:



    Por favor, escribe el texto de la imagen:
    CAPTCHA Image

    Calendario

    Imagenes

    el Tiempo

      Lonja Cofradía
    Invierno

    4:30 - 19:30 8:00-15:00
    Verano

    4:30 - 19:30 8:30 a 14:30


    * El calendario de verano empieza el 22 de Junio y termina el 21 de Setiembre

     

    SUBASTAS 

    LonJa de panxón: pescados Y mariscos; 8:00h

    LonJa de Baiona:

    Ourizo: 8:30-9:00 h

    Ameixas: 15:00 h

    Percebe: 15:30-16:30 según mareas

    Pescado variado: 17:00 h

    Robaliza: 17:30 h

    Desarrollado por